“A tradición musical da Igrexa universal constitúe un tesouro de valor inestimable, que sobresae entre as demais expresións artísticas, principalmente porque o canto sacro, unido ás palabras, constitúe unha parte necesaria e integral da Liturxia” (Sacrosanctum Concilium, 112)
 
O CURSO DE MÚSICA SACRA quere ser un espazo de encontro e formación litúrxico-musical básico para todas aquelas persoas que desempeñan algún labor de animación nas súas comunidades: membros de coros, músicos, directores, salmistas e todos aqueles amantes da música e da liturxia.
 
Responsable
Óscar Valado (Director do Secretariado de Música Sacra)
 
Docentes
Óscar Valado (Director do Secretariado de Música Sacra)
Elisardo Temperán (Prefecto de Liturxia da Catedral de Santiago) 
Manuel Cela (Organista da Catedral de Santiago)
José Luís Vázquez (Director da Escolanía da Catedral)
 
Duración
Desde o 8 de outubro ata o 13 de maio (15 sesións en sábados alternos)
 
Horario
Sábados alternos de 10:00 - 11:15 // 11:30 - 12:30

 

Contido 

  • Que é a liturxia? 
  • Que música pídenos a Igrexa? (Lexislación litúrxico-musical)
  • Como seleccionar o repertorio litúrxico?(criterios de selección) 
  • Cal é o papel do coro? (polifonía e participación)
  • Que é o canto gregoriano e cando se pode utilizar?
  • Que se debe cantar na Eucaristía? (o ordinario e o propio)
  • Que instrumentos podemos utilizar na liturxia?
 
A materia de Liturxia fundamental será validada a todos aqueles que fagan ao mesmo tempo o CURSO DE LITURXIA.
 
As sesións teóricas alternaranse con sesións prácticas: audicións, lectura da partitura, canto, dirección e interpretación.
 
Tras a finalización do CURSO DE MÚSICA SACRA o alumno obterá un certificado de asistencia e aproveitamento, asinado polo Sr. Arcebispo, o Coordinador do Curso de Música Sacra e o Director da Escola.