itcdesantiago.org - Instituto Superior Compostelano de Ciencias Religiosas itcdesantiago.org
Instituto Superior Compostelano de Ciencias Religiosas

logoiscrr.jpg

            Con data do 24 de Xuño de 1996 o Sr. Arcebispo de Santiago D.Xulián Barrio Barrio pide o patrocinio da Facultade deTeoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca, para crearen Santiago de Compostela un Instituto de  Ciencias Relixiosas. O consello da Facultade de Teoloxía da Universidade Salmantina aproba a vinculación do noso Instituto a dita Facultade o día 24 de Outubro de 1996. Coa aprobaciónda Facultade pasa a Xunta Plenaria de Goberno da Universidade Pontificia que, despois dos correspondentes informes, dá o seu visto bo en Xuño de 1998.

O día 30 de Setembro de 1999 o Excmo. Sr. D. Xulián Barrio Barrio firma o Decreto de Creación do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas. Trasladada toda a documentación a Salamanca, a Xunta Plenaria da UPSA dá a súa aprobación o 17 de Novembro de 1999. A Subcomisión Episcopal de Universidades da Conferencia Episcopal Española, previa proposta do Rectorado da UPSA, propón a aprobación definitiva á Comisión Permanente da Conferencia Episcopal, a cal, en reunión do 18 de Febreiro de 2000, dá o seu nihil obstat para que poida pedirse a correspondente aprobación da Santa Sé.

Con data do 22 de Febreiro do mesmo ano, o Rector Magnífico da Universidade Pontificia eleva a Roma a súa petición de aprobación do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas co correspondente patrocinio da Facultade de Teoloxía da UPSA.

O día 18 de Marzo de 2000 o Cardeal Zenón Grocholewski, Prefecto da Congregación para a Educación Católica,e Xosé Pittau, Secretario da mesma, firmaron o decreto de aprobación definitiva do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas.

Coa autorización do Decano da Facultade de Teoloxía da UPSA, o noso Instituto comezou a súa actividade académicano curso 1999-2000. No curso 2000-2001 as clases impartíronse tamén na Fundación Santa Margarida de A Coruña.

O Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas concede os graos de Diplomado (ó remate do 3º Curso) e deLicenciado (ó remate do 5º Curso) en Ciencias Relixiosas,sempre que se teñan superadas tódalas asignaturas do correspondente ciclo académico e o exame complexivo correspondente.

A Diplomatura e Licenciatura en Ciencias Relixiosas ten validez civil de acordo co Real Decreto 33/1995 de 13 de Xaneiro de 1995 (BOE 4 deFebreiro de 1995).

 

 

Eventos

septiembre 2010
domlunmarmiéjueviesáb
01020304
05060708091011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Busca en Google